Sábado, Junho 17, 2006
Mudanzas Galiza
Chegou o día! Múdome do Blogger para a Blogaliza. Hai moitas razóns para facelo.A verdade, resistíame a renunciar ao traballiño que me deu chegar a montar isto tal e como está, así como a prescindir de determinados gadgets como o radioblog. Dábame tamén algo de reparo o proceso de adaptación, que cos anos vólvese un máis reticente aos cambios. Mais por fin atopei o ánimo para facelo. Algúns dirán que sou un destemido!
Para celebrar este acontecemento permitinme facer un cover do Sitio Distinto de Antón Reixa vía Aduaneiros sem Fronteiras, até achegar un novo logotipo para a Blogaliza artwork.
Todo, dito sexa de paso, para conmemorar tamén os 20 anos do Fai un Sol de Carallo de Os Resentidos. Sei que hai unha festa de celebración (e non sei se de homenaxe) en marcha para a volta das ferias. Estade atent@s.
Nos vindeiros días (ou semanas) e mentres dura a mudanza estarei ocupado en tarefas de chumbeiro e é probábel que non escriba moito. Podedes pasarvos se queredes pola Nova Calidonia, aínda que como bon anfitrión preferiría dar unha festa de inauguración cando remate con todo. Pídovos un pouquiño de paciencia. Espero que o cambio sexa para mellor. Vémonos!


Parabéns por decidir dar o paso, xa cambio a ligazón e o feed.
Non quero perder nada.
...xa sabes que para calquera cousa que precises, este chapuceiro apúntase a axudar...
Isto vai de mudanzas, entre ti e Acedre... ;)
En canto avises para a inauguración oficial da túa nova casiña, cámbioche o link.
Saúdos!
Obrigado a todos/as. Espérovos na nova morada.